"Manoliño non pasóu do primeiro ensino. Adeprendéu a ler con don Basilisco Barreiro, maestro de Vilardebós. Nunca foi bo estudante. (...)
Don Basilisco era un home de meia estatura, tirando a pequeno. Traxeaba limpo. No inverno usaba zamarra cor café, e cando chovía ía á escola de zocas abertas, a usanza de Portugal. (...) Era home de grande dinidade. Vivía no Canto do Eixido, lugar moi feo, inda que o de millores vistas do pobo. A súa casa tiña un balcón de madeira, e sempre andaba paseando por el nas horas ceibes. A escola estaba no cimo do pobo; pra ir a ela, polo camiño dereito, o maestro había de pasar por diante da casa do cacique, e pra non se topar con el, arrodeaba un kilómetro, polo camiño do Douto."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 107-108.
No hay comentarios:
Publicar un comentario