"O alcalde de Vilardebós noméase Paulino. Pero o alcalde de Vilardebós ten nemigos, e andan a remexer Ourense con Madrid pra tumbalo. Mais o alcalde conta co apoio do seu tío don Hilario, conta con algúns vellos devotos do San Roque e conta coas simpatías de don Joseíño. Don Joseíño é o cura de Soutochao, un santo home. Un cura pequeno, intelixente, esmirriado, que coida as ovellas, xoga as quiñelas, ademira a García Sabell e dice "olraite"."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 119.
No hay comentarios:
Publicar un comentario