"Pra alá do Marco, o primeiro pobo portugués chámase Travancas; pra acá do Marco, o primeiro lugar de Galicia chámase Arzádegos. Nas Travancas viviu Manoliño meses inesquecibres; alí ten amigos que xamáis esquecerá.
Do cimo do Marco da Cota percébense horizontes aínda máis grandiosos que dende Portas Abertas. Albíscase meio Portugal. O cura de Arzádegos asegura ter visto dende alí, con axuda de anteollos de longa vista, as áugoas do río Duero a descer por terras do Porto."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 118.
No hay comentarios:
Publicar un comentario