"No mes de maio os paxaros píllanse nos niños; no mes de maio as xestas están froridas; no mes de maio as mozas van á novena; no mes de maio os cativos frorean ás mozas; no mes de maio o lusco fusco parez unha alborada. No mes de maio, ás horas do solpor, os rapaces de Vilardebós chegaban ao adro da igresia coas bulsas acuguladas de frores, ripadas ás xestas dos camiños."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 88.
No hay comentarios:
Publicar un comentario