"A pouco de morrer o pai de Manoliño, o comercio, as leiras e os prados de Arzádegos levóunos o demo. De canto alí tiña seu pai, Manoliño e os seus irmaos só conservan hoxe un prado, un pinal e unhos muíños vellos.
Pero Manoliño sinte fondas querencias por Arzádegos e polos seus veciños, e sempre que alá chega, as xentes vellas lémbranlle a seu pai e os tempos que alí pasóu el e os seus irmaos, sendo cativos. (...)
Nos tempos de Arzádegos..."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 120.
No hay comentarios:
Publicar un comentario