"Don Basilisco tiña un irmao, ou medio irmao, tamén maestro, en Flor de Rei Vello. Chamábase Pereda. Flor de Rei é un pobo pequeno perto de Vilardebós. Pereda era un home inmenso, bruto e tatexo. Facía por tres e comía por vinte. Ninguén soupo o que era capaz de comer aquel home. (...)
Mais, a pesares deso, os veciños de Flor de Rei quixérono matar un día. Nunha ocasión o Pereda sintíuse moi doente, cuase a morrer, a causa dunha indixestión de ameixas. (...)
¡Calquera sabe! O caso é que, da noite pra a mañá, pasóu de guarcia civil a maestro de Flor de Rei."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 114-116.
No hay comentarios:
Publicar un comentario