"-¿Qué, paseando, Castor?
Outras veces preguntábanlle:
-¿E logo, Castor, hoxe non fuches a Arzádegos?
O Castor detíase un pouco coa xente, e seguía despóis o seu paseio, matinando nas súas cousas. (...)
-Castor, ven que tenemos que ir a Verín.
Entón o Castor arrumábase á escaleira da casa pra que montase a rapaza, e sen máis nada, toca pra Verín.
-Castor, vamos deica os muíños, pero temos que ir por Arzádegos -dicíalle Manoliño ou calquera de seus irmaus.
E o Castor collía dereito pra Arzádegos sin máis espricacións. (...)
Era un burro famosos aquel Castor. Pola súa persoalidade e notabilidade, podía dicirse que perteñecía ás forzas vivas de Vilardebós."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 122-123.