" -Eu -dixo o velliño sorrindo e sin apenas erguer a voz- pouco teño que opinar. Xa non saio á rúa e ignoro qué cousas ocurren na cidade. Gustaríame dispor de datos que neste momento non poseo. Coido que o señor lectoral, que ten estudiado o tema, debía informar antes para que os demáis nos podamos formar unha opinión recta e ben fundada."
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 62.
No hay comentarios:
Publicar un comentario