"Ilustrísima saíu de alí cunha forza interior que había tempo lle faltaba. Atopou no patio ao cocheiro de Palacio ferrando o cabalo pedrés de paseo e púxose de leria con el. Despóis subíu ao comedor e pasou o desaúno con facilidade, tomou unha copa de viño quinado e fixo sonar a campaniña de prata para que lle trouxeran a prensa do día. Entregáronlle La Verdad e El Liberal, este último sin o título. (...) La Verdad dedicáballe o editorial ao mesmo tema e por entre a frouma dunha adxetivación frorida e afiada, puido adivinar o bispo os ollos fríos e miopes do seu lectoral."
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 44-45.
No hay comentarios:
Publicar un comentario