"E sin darme tempo a falar, añadíu: "Marcho prás Covas". Cando dixo marcho prás Covas díronme ganas de matar ó Cascón. Iba didiante, chorando. Díxenlle: "Cascón, para ahí". Volveuse, qué queres, pero seguíu andando. "Cascón - boteime a correr cara il-, dígoche que te pares ahí". Abríu os ollos, unhos ollos que me diron lástima, máis ben medo, non sei, i entón non quixen vélo e dinlle co puño no medio da cara, duro, con moita forza, ca raiba que sentía baixándome polo brazo, saltándome na punta dos dedos, engurrándome dende dentro, quente, quente. O berro que pegóu fixo máis fondo o negror da noite."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.28
No hay comentarios:
Publicar un comentario