1ª edición, Galaxia, colección "Illa Nova", 1969 |
"En 1969 aparece, outra volta en Galaxia, a súa primeira novela, Cambio en tres, en que combina o experimentalismo formal coa temática social (a emigración), unha aliaxe que daquela se coidaba inviable. "Por un lado non me gustaba o que se chamaba o ruralismo temático e o tradicionalismo formal da narrativa galega, pero tampouco me gustaba a deserción que da realidade galega facían os narradores novos. Por iso quixen combinar un tema máis ou menos tópico, como a emigración, cun tratamento formal máis audaz". O relato está contado desde o punto de vista de Lisardo, un emigrante en París, que ten que regresar co gallo da morte por accidente de César, o seu amigo e veciño, en Galicia e na emigración. O resultado acabaría por non satisfacer o autor, quen refugou reeditar a obra. Curiosamente, a súa valoración non é compartida por algúns críticos, que sinalan a habelencia do autor no manexo das técnicas vangardistas."
Henrique Monteagudo, Carlos Casares. Un contador de historias. Ed. Galaxia, colección "Letras Galegas", Vigo, 2017, páxs. 66-67
2004, ed. Xerais, "Biblioteca Carlos Casares", nº1 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario