"A última vez que estuvo nesta habitación pérdeselle xa na lembranza, un pouco lonxe, hai catro anos,
non, aínda non,
fará catro anos pró 24 do mes que entra,
sí,
catro anos pró 24 de agosto. Pero agora parécelle que nunca se foi de aiquí e de novo os ruidos da noite van recuperando o lugar que lles corresponde no recordo:
o croar das rás nos charcas da Ladeira, lonxe, máis lonxe do que poidera pensar, apagadas de cando en cando polos acelerós dos coches que pasan pola Ponte Nova, sempre igual, como si nada houbera cambiado, como si esta noite quente do mes de xulio se repetira moitas, moitas veces, apenas diferente, un pouco máis triste cada vez pero igual no fondo."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 13-14
No hay comentarios:
Publicar un comentario