"O Lisardo remata o cigarro e tira a colilla pola fiestra. Alguén está fumando no balcón de enfrente, alá na oscuridá fonda fonda do patio. É unha luciña roxa que se encende e que se apaga, como un pulso lento. As rás siguen a croar, donas da noite, sin a rivalidá dos coches que soilo pasan xa de cando en cando pola cima da Ponte Nova, igual que sempre. Despóis iranse apagando as luces da cidá i o calor desta noite quente do mes de xulio escurrírase pouco a pouco."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 17-18
No hay comentarios:
Publicar un comentario