"Estaba eu xogando á pelota didiante da casa, cando me chamóu a abóa. Díxome: "Neno, lévalle a merenda ó abó". O abó era porteiro nunha casa da rúa do Paseo. Leveille a merenda e despóis marchéi prá Alameda. Fun ver si me deixaban empuxar nos cabaliños, que non tiñan motor i había que empuxalos por dentro. A cambio, o dono deixábanos subir cando collían velocidá."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.21
No hay comentarios:
Publicar un comentario