"Ó día seguine levárono ó tren. Dixéronlle: "Séntate ahí". Sentóuse e púxose a mirar pola ventanilla. Cando advertíu aquil traxinar de xente polos andés, subindo e baixando (Por favor non crucen as vías) subindo e baixando as escaleiras dos pasos subterráneos, coidóu que podía escapar, pero ollóu prá esquerda i alí estaba o celoso protector da sociedá cumplindo a delicada función de impedir unha posible contaminación do ambente (...) "Imposible", pensóu i acomodóuse sin máis, proiectando a curiosidá sobre o formiguear da xente na estación."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.51-52
No hay comentarios:
Publicar un comentario