“Conque saímos de embaixo da ponte e dempois de cruzar á
carreira un descampado que alí hai, metímonos polo calexón que forma por un dos
costados o muro do xardín dos Andradas. Fitei pra o alto e vin que por alí non
podería agatuñar nin un mico....
Arrodeamos o paredón, que dá alí unha volta, e a pouco
andar vimos, coasi tapado por unha morea de terra de obra, un grande furado,
arrente ó chao, que se metía polos alicerces do muro, coma si estivesen facendo
unha mina.” páx.33
“Conque, foi eí onde o Bocas voltouse a acirrar naquela
vertola de que tiñamos que ire de novo a vere á belida dona misteriosa do señor
de Andrada...” páx.75
“E coa mesma, chegamos ó romate da galeiría onde nos
atopamos cunha escadeira que daba ó hortal, pola que baixamos coasimentes dun
brinco. Atravesamos o xardín cando xa se vía senté con luces que entraba na
galeiría. Baixamos coma poidemos polo cabouco e puxémonos a alandillar sen
coller folgos até chegar perto da Estación...” páx.90
Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario