" -Veño de parte do xefe. Que se presente a el de contado. Parece que se armou unha de tres pares de ovos.
-Pois con iso e unha galiña choca faste cunha larada de pitos. Estou de festa, dentro dun pedazo hai carreira de minicars na explanada da Estación, e á tardiña canta aquí mesmo, no palco de enfronte Manolito El Pescador. ¿Queres máis detalles do programa? ¿Vou traballar o día do Santiago? ¿Seica me fodes ou queres?
-Págolle co mandado. Alá vostede e o comisario."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.38
No hay comentarios:
Publicar un comentario