"Vilardebós ten outra singularidade: non dá mozos de oficios. Si non poden ou non queren estudar unha carreira, quédanse de labradores, de xornaleiros ou de vagos. Non adeprenden profesións manuás. Tampouco lles tira a música.
Manoliño só recorda en Vilardebós tres persoas que souperan tocar un istrumento: o Rodrigo, que tocaba a caixa; a María "Cazallera", que tocaba o pandeiro, e o tío Castor, que tocaba a flauta."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 71.
No hay comentarios:
Publicar un comentario