"O San Roque sempre foi un problema en Vilardebós, incruso motivóu rexas loitas entre os seus aditos e os devotos ao Sagrado Corazón. Loitas que, naturalmente, tiñan orixen na política do pobo.
Por mor de don Mauro, que era conservador, e de aquel don Caseano de que falamos, que era liberal, os veciños do lugar ficaron divididos nos de Arriba e nos de Abaixo. (...)
Cando chegaba a festa do Sagrado Corazón, os de Arriba facían festividás moi costosas: boa misa, bo sermón, boa procesión, boa música, moitos santos en ringleiras, moitas frores sobre os santos e moitos señoritos de Verín. Pola tarde, moito baile agarrado, moita cortesía, moito castelán nas conversas e moito aborrimento no ambente.
Pra os de Abaixo, as festas do Sagrado Corazón tiñan miuda importancia. (...)
As festas do San Roque eran outra cousa."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 74-75.
No hay comentarios:
Publicar un comentario