"Un día o tío Nicolasillo alcontrábase en Ourense e lembróuse que era día de festa en Vilardebós. De Ourense a Vilardebós hai 85 kilómetros ben medidos. Serían as dez da mañá. Sin pensalo máis, botóuse ao camiño, e ás seis da tarde, en oito horas, entraba no Cruceiro de Vilardebós. (...)
En xeral, os mozos de Vilardebós eran, e aínda o son, bromistas, preguizás e devotos do San Roque. Como traballan pouco, pasan as noites cantando. Cantan moi mal."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 72.
No hay comentarios:
Publicar un comentario