"Outra casa a onde acostumaba ir o señoritismo de Vilardebós era a casa da Coral, filla de don Caseano. Esta casa estaba no fondo do pobo, cabo da de don Eloi. Don Eloi e don Caseano eran parentes, e os dous, nemigos a morrer de don Mauro.
Coral era unha das señoritas máis fermosas e raiolantes que deu Vilardebós. E como acontez no teatro, Coral, filla de don Caseano, e Xaime fillo de don Mauro, foron noivos namorados.
A casa da Coral dá pena vela hoxe. Noutro tempo foi a lediza dos señoritos de Vilardebós."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 63.
No hay comentarios:
Publicar un comentario