"Frente á casa de don Mauro hai un cibo de avenida, que leva o nome do poeta Núñez González. De eiquí arranca unha estrada aberta fai dous anos polo esforzo gratis e persoal de dous pobos fronteirizos: Flor de Rei e Arzádegos. Vilardebós ten unhos vintecinco kilómetros de fronteira con Portugal, e con pouco esforzo e poucos cartos podía comunicarse co país veciño por dúas carreteras. Unha polo Sur e outra polo Este. Estas súas estradas xa eisisten, pero quedaron paradas a tres kilómetros, ou menos, da fronteira. O día que se empaten con Portugal, Vilardebós será un punto importante fronteirizo."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 58.
No hay comentarios:
Publicar un comentario