"Así foi. Cansos e doídos dos cadrís, regresaron a Vilardebós ao lusco fusco. Á entrada do pobo dixo Manoliño:
Vouvos dicir unha cousa; pero non me fagades nada.
-¿Qué é? -preguntáronlle.
-A pedra dos muíños atopéina na miña casa.
¡Ah, bandido, canalla, sinvergonza, espía! ¡Ímoste matar!"
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 68-69.
No hay comentarios:
Publicar un comentario