"Despóis da casa de doña Pepita, ven unha ringleira de casas con barandas de madeira baixas, vellas e feas. Enfrente está a igresia do pobo, colocada de esguello e estorbando o paso dos carros. Ven logo unha praciña, que se chama O Cruceiro. É unha praza de esquinas e cantos, sin xeito e sin concerto.
Nesta praza esbandallada, ás portas dunha casiña pequena, un xastre que veu estabrecerse a Vilardebós, puxo este letreiro chocante e coraxoso: "La elegancia de París". Este letreiro nas rúas de Vilardebós é tan pavero coma un caravel nas solapas dunha chaqueta vella."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 51.
No hay comentarios:
Publicar un comentario