"Rente desta casa ven outra, de balcón longo. Nela crióuse Jacinto Santiago, irmao de Manoliño. Jacinto Santiago foi un exemplo de dinidade. Jacinto Santiago foi maestro de xeneracións ourensás. Jacinta Santiago foi unha das prumas máis brillantes, tensas e de millor temple do periodismo galego.
Jacinto Santiago, tamén morréu no ano 1936, da mesma doenza que matóu a Eloi, o farmacéutico."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 55.
No hay comentarios:
Publicar un comentario