"Un día os irmaos de Carmiña emigraron pra o Uruguai. Carmiña quedou tristeira coa marcha dos seus irmaos. Os irmaos de Carmiña deixaron correr anos sin escribir a seu pai e a súa irmá. Pasado tempo chegaron noticias a Vilardebós de que tiña morto en Montevideo o irmao máis novo de Carmiña, que se chamaba Manolo e a quen ela máis quería. Carmiña vistíu de loito e andaba sempre apenada por Manolo."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 62.
No hay comentarios:
Publicar un comentario