lunes, 24 de agosto de 2020

Unha nota manuscrita

 "As cinco e media da tarde. O sol caía de plano no pavimento de Xoán XXIII. Só os atrevidos camiñaban sen procurar o alivio das escasas sombras. Na Rúa do Paseo o enlousado de pedra axudoume a compoñer o engando de que o chan non ardía baixo os meus pés. Abrín o sobre e contei ata mil ouros. Entre o fachuco de billetes sobresaía unha nota manuscrita.

Se quere cear comigo, agárdoo ás dez da noite no restaurante Picasso. Beba con moderación. Sexa prudente.

Sonia Bouzas"                               

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 66. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario