viernes, 21 de agosto de 2020

O antro

 "Descoñezo se á  hora a que cheguei ao Gato Negro vendían na televisión recompilatorios de éxitos de décadas pasadas, mais o certo é que cando pisei o club a madrugada estaba ben entrada, eu considerablemente piripi e o meu estómago a piques de rebentar. Cheguei en taxi logo dun pequeno percorrido pola antiga estrada de Celanova. Un desvío á esquerda, antes de entrar en Bentraces, conduciunos a un calado taxista e mais a min ata o garito. Cheiraba a queimado, mais non distinguín ningún incendio por alí preto. En realidade, non distinguía nada. O antro, coas súas luces de neon chiscándome os ollos, agochábase entre un piñeiral encaixado ao pé dun cotarelo. Fervíase coa calor e no horizonte, esta vez si, puiden avistar varios focos dunha desfeita forestal de dimensións considerables."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 59-60.

No hay comentarios:

Publicar un comentario