lunes, 3 de agosto de 2020

O Gran Mallador

"Cando abrín os ollos tiña diante miña dous gardas de seguridade mirándome con cara de  entomólogos choscos ordenando a súa colección de moscas. A faciana dun deles, o que me deixara dando as boqueadas, soábame de tempos felices. Eu tamén lle parecín familiar.

-Este tío coñézoo -admitiu.

-Que carallo vas coñecer esta morralla -dixo o outro.

O Gran Mallador axeonllouse e agarroume a cabeza traéndoa para si.

-¡Cona! ¡Horacio Dopico! ¡Este tipo vivía en San Francisco! -estaba realmente entusiasmado polo reencontro-. ¡Horacio! ¿Estás ben?

-Estou ben polo carallo arriba, Xaquín. Axúdame, anda."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 34.

No hay comentarios:

Publicar un comentario