viernes, 14 de agosto de 2020

Cidade de morros

"Os meus ronquidos escoitábanse en Cachamuíña.

Espertei co lombo adoecido, feito un zipizape de contracturas rabiosas. Tiña os músculos endurecidos coma coios e durmíanseme as mans se tentaba corrixir a rixidez das articulacións. (...)

A cidade enteira estaba de morros e a Praza do Ferro, ateigada de leiteiras da Garda Militar. "¡GIA asasinos, GIA asasinos!", berraba a veciñanza dende os balcóns."

 Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 56. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario