"Certo tipo de caras non se esquecen e quedan gravadas na memoria, especialmente se hai cartos ou cornamenta polo medio. O caso foi que a empurróns conseguín gañar a porta do Trampitán, e dende alí lanceime ata as escaleiras que conducen á igrexa de Santa María Nai, onde os fieis máis preguiceiros escoitaban a soflama comodamente sentados. Pisei nenos, desequilibrei desvalidas anciás e levei por diante varias pancartas co único propósito de darlle caza ao cíngaro do carallo, pero con tanta cambadela fun dar cos nefres no chan."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 58.
No hay comentarios:
Publicar un comentario