jueves, 13 de agosto de 2020

Auga con gas

 "-Asegúrolle que si. ¿Onde podemos vernos? Se cadra podo ir buscala á saída do choio e tomamos un refrixerio.

-A esas horas xa non queda ningún bar aberto en toda a cidade.

-Pois logo prometo levar eu unha botella. ¿Que bebe vostede?

-Auga con gas e cun chisco de limón os días de feira. Vaia polo Gato Negro cando no televexo intenten venderlle as cen mellores cancións da década dos oitenta. Pregunte por min no servizo da gardarroupa."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 55. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario