"As tascas pecharan as súas portas e moitas galerías lucían crespóns negros ou sabas con escritos que convidaban a defender o Estatuto fronte aos secesionistas. A rúa da Paz sucumbía ante a carraxe dalgúns cidadáns, que demandaban o cumprimento íntegro das penas e mesmo a aplicación do ollo por ollo para facerlle fronte aos crimes do GIA. A maioría dos cidadáns camiñaban en silencio portando unha candea acesa, ensinando as mans pintadas de branco ou, simplemente, gardando un tenso silencio como forma de solidariedade coas vítimas que saían nos xornais."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 56-57.
No hay comentarios:
Publicar un comentario