"Ás dez en punto da noite presenteime no Picasso con bastante fame. (...) Como primeiro prato coincidimos nunha ensalada especial magnificamente policromada. Posteriormente fíxenlle os honores a unha tallada de xarrete ao viño tinto mentres Miss Canícula facía o propio cunhas brochetas de peixe sapo. A crema catalá resultou un magnífico colofón. Cando chegou a hora do café deixámonos de perendengues."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 67-68.
No hay comentarios:
Publicar un comentario