miércoles, 22 de mayo de 2019

Regueiro II


Cando conta con 15 anos, o 26 de abril de 1825, recibe a confirmación xunto a dous dos seus irmáns, Xosé e Antón, na igrexa de Santa Eulalia. Nestes documentos xa non hai rastro da forma feminina do seu nome.

Pastorear o gando e traballar o campo serían, sen dúbida, traballos aos que axudaría ao seu pai. Era un neno con múltiples habilidades, moi vivo e esperto, que aprendeu con facilidade a facer múltiples tarefas. Di Vicente Risco:

“con seguranza que foi xa de pequeno cando deprendeu a facer cordas e peneiras, que é traballo que s´adoita n-aquela terra, ond´os homes son cordeiros e peneireiros...”

Con 21 anos Blanco Romasanta casa o xoves 3 de marzo de 1831 con Francisca Gómez Vázquez (11/4/1808), natural de Soutelo, o pobo veciño. Sorprende que casara ese día da semana, preferíase domingo ou sábado. Tamén resulta estraño que fose durante a coresma, xa que a abstinencia penitencial incluía o sexo. Foron vivir a casa dos pais da muller.  Pouco durou o matrimonio debido a morte prematura de Francisca, o 23 de marzo de 1834. Non tiveron descendencia. Tanto o matrimonio como o enterro, e a posterior inhumación, tiveron lugar na igrexa de Santa Eulalia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario