“Pero aquilo era
outra cousa, aquilo doía, quitaba a fame e o sono e apuña un arder lento e
continuado por todas as entrañas que non lle daba descanso a hora ningunha.
Choraba cando non a vía nin a escoitaba ninguén. Tiña medo de estar levando
dentro un fillo de lobos, porque nalgunha ocasión sentira a Manuel dicir que
levaba un lobo dentro. Todo era posible. Era cándida e estaba namorada e
expectante.
A mamá ollábaa de esguello. Léralle nas
olleiras e na palidez un algo confuso, entre preñazo e desgraza, pero non
quería falar dunha cousa para que os fados fosen concederlle a outra, sobre
todo da primeira para a segunda.
Pero foi que de alí a pouco morreu co ventre
enorme de inchado, Francisca.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario