“Entón decidín
facelo como negociante (...). Pero, ¿con que negociar saíndo de onde eu saía,
sen un peso e daquel lugar abandonado?
Ó comezo fíxeno desprazándome ata Chaves, xa
en Portugal, para me facer alí con lazos e encaixes, con veos e puntillas, que
adquiría en casa de don Francisco Morais e tamén na do señor Diéguez, que vive
na rúa Dereita e que foi o que, aínda sen se decatar do que facía, me puxo en
contacto cos boticarios e outros compradores de unto humano. Nesas dúas casas
mercaba os adornos que logo vendía polas aldeas, entrando nas casas tras das
mulleres, ás que non se pode dicir que non seducise cos meus encantos, que
tamén, pero ás que sen dúbida atraía co aspecto tranquilo que sempre procurei;
tamén coa labia, coa donidade de palabra que me recoñezo dende ben neno.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario