sábado, 11 de mayo de 2019

Introdución


Manuel Blanco Romasanta foi o primeiro asasino en serie das terras de España, e o único caso de licantropía clínica documentado. Múltiples foron os nomes cos que se lle coñeceu en distintos momentos da súa vida: “alcumes antropófagos (o home do unto, sacamanteigas), licántropos (home lobo, lobishome), diminutivos (manoliño, canicha), de oficio (tendeiro)”.

En Galicia sempre se coñeceu popularmente polo nome do “home do unto”, ata hai ben pouco aínda era frecuente oír escoitar falar del a avoas que, sen coñecer exactamente a historia de Blanco Romasanta, tiñan asimilada a figura deste home para amedrentar aos nenos pequenos. No resto de España, especialmente a partir das declaracións que el fai en Verín en 1852 onde recoñece ter cometidos os crimes convertido en lobo por culpa dunha maldición, pasará a ser coñecido como “el hombre lobo”, xa que así aparecerá mencionado en xornais e revistas da época: “Causa contra el hombre lobo”. Tamén é frecuente, fóra de Galicia, escoitar referirse a el como “o home lobo de Allariz”, polo lugar onde foi xulgado, que non o do seu nacemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario