Manuel Blanco
Romasanta nace o 18 de novembro de 1809 no pobo de Regueiro (ou Rigueiro), na
parroquia de Santa Eulalia, a quilómetro e medio de Esgos, concello ao que
pertence. Fillo de Miguel Blanco e María Romasanta, veciños de Regueiro, neto
por liña paterna de Baltasar Blanco e Manuela Blanco, veciños de Soutelo, e
pola materna de Pedro Romasanta e Josefa Blanco, de Regueiro. Cando Manuel é
xulgado en Allariz, no 1852, o seu pai xa morrera; e a nai vivía cun dos seus
fillos.
Foi bautizado o
mesmo día do nacemento na igrexa parroquial de Santa Eulalia, no veciño pobo de
Soutelo. No Libro de Bautizados desta parroquia aparece bautizado baixo o nome
de “Manuela”. Máis adiante veremos se simplemente se trata dunha confusión ou
existen outros motivos para este feito. Nesta parroquia aparece recollido o seu
bautismo en dous Libros de Bautizados, e nos dous casos baixo o nome de
“Manuela”. Aparecen repetidos os datos no inicio dun Libro novo e nas últimas
follas do Libro anterior, isto era habitual cando se chegaba ás follas finais
do libro. O matrimonio terá máis fillos, Manuel máis irmáns: Bernarda
(24/8/1801), Xosé (18/1/1811), Antón (11/9/1819).
Partida de Bautismo. Fonte: -Domínguez,
José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios,
nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario