jueves, 16 de mayo de 2019

Contexto (III)


Nesta primeira metade do s. XIX as crises agrarias son constantes: caen os prezos dos produtos do campo, sobre todo os cereais (dende 1820 ata 1860). A falta de alimentos, especialmente entre 1843 e 47, orixina motíns populares. Realmente pásase moita fame. Iso fará que cobre máis importancia a gandería, na que non repercute a caída do prezo do gran, polo que os prados das zonas baixas de montaña cobrarán gran protagonismo.

Destaca a grave crise de 1853: “o ano da fame”, que debido a chuvia ininterrompida de finais de verán e principios de outono provocou asolagamentos e perda case total da colleita.
Moitos marchan cara outras zonas da Península. En 1853 levántase a prohibición de emigrar a Hispanoamérica, e ese sería o destino de moitos campesiños galegos.

Para agravar aínda máis a situación desesperada aparece a peste en Galicia. Peste e fame farán estragos en varias comarcas da provincia ourensá entre 1843 e 1847.

A relixiosidade busca consolar tanta traxedia.

A industria téxtil inglesa trae telas de algodón que acaba coa elaboración tradicional  e exportación de panos de liño a Castela. Panos e tecido ingleses chegan vía Portugal, converténdoos no obxecto de contrabando por excelencia. Tamén irrompe a industria téxtil catalá. Fiado e tecido mantéñense só no uso doméstico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario