jueves, 30 de mayo de 2019

Ó comezo

“Entón decidín facelo como negociante (...). Pero, ¿con que negociar saíndo de onde eu saía, sen un peso e daquel lugar abandonado?

 Ó comezo fíxeno desprazándome ata Chaves, xa en Portugal, para me facer alí con lazos e encaixes, con veos e puntillas, que adquiría en casa de don Francisco Morais e tamén na do señor Diéguez, que vive na rúa Dereita e que foi o que, aínda sen se decatar do que facía, me puxo en contacto cos boticarios e outros compradores de unto humano. Nesas dúas casas mercaba os adornos que logo vendía polas aldeas, entrando nas casas tras das mulleres, ás que non se pode dicir que non seducise cos meus encantos, que tamén, pero ás que sen dúbida atraía co aspecto tranquilo que sempre procurei; tamén coa labia, coa donidade de palabra que me recoñezo dende ben neno.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 22

miércoles, 29 de mayo de 2019

Regueiro III


José Domínguez dirá que “para Blanco, que ya siempre se presentará como de estado civil viudo, empiezan a abrirse innumerables caminos a los 24 años que ahora cuenta. Durante casi una década, dejara su primer oficio, el de sastre, para abrirse con su tienda ambulante a innumerables caminos que irán mucho más allá de los valles de Maceda y de Conso, de las sierras de San Mamede y O Invernadeiro. Más allá de la provincia orensana e incluso del reino de Galicia. Caminos que conocerá, aprenderá y acabará dominando como las palmas de su mano.”

martes, 28 de mayo de 2019

Francisca bonita

“Francisca bonita. Hoxe non hai lúa. De estarmos xuntos ti e mais eu aínda, hoxe iriamos ver estas estrelas. Se cadra viriamos a este lugar ou pode que eu non me volvese mover do teu lado. Os animais non marchan da man do aloumiño e do alimento. Polo menos os cans, as cadelas e as estrelas son as mesma aquí ou na nosa casa. Falaríache dos cercos, de como se lle fai batida ao lobo cun enorme círculo de ruídos para logo ir estreitando o redondel cara ao centro, xuntos cóbado contra cóbado os cazadores. (...) Ti sabes que eu lle rezo a Deus pero tamén a ti che vou falando, porque fun buscándote no colo doutras mulleres igual que procurei en ti o que busquei dentro do meu corpo. Todo foi ir estreitando o lazo da caza, chegar ao punto de morrer ou recibir a morte. Ti escapáchesteme, eu fun tamén deixándome soa embaixo da pelica. Xa me caeu, amor, xa marchou a fada. Agora só quedo eu a loitar comigo e con todo o que me cala dentro.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 85

lunes, 27 de mayo de 2019

Co ventre enorme

“Pero aquilo era outra cousa, aquilo doía, quitaba a fame e o sono e apuña un arder lento e continuado por todas as entrañas que non lle daba descanso a hora ningunha. Choraba cando non a vía nin a escoitaba ninguén. Tiña medo de estar levando dentro un fillo de lobos, porque nalgunha ocasión sentira a Manuel dicir que levaba un lobo dentro. Todo era posible. Era cándida e estaba namorada e expectante.

 A mamá ollábaa de esguello. Léralle nas olleiras e na palidez un algo confuso, entre preñazo e desgraza, pero non quería falar dunha cousa para que os fados fosen concederlle a outra, sobre todo da primeira para a segunda.

 Pero foi que de alí a pouco morreu co ventre enorme de inchado, Francisca.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 42-43

domingo, 26 de mayo de 2019

En canto o vin

“Gustoume o Manuel en canto o vin. Pequeno, que todo o mundo lle chamaba Canicha, e el sorría compracido con aqueles dentes suaves e finos, algo agumados, curvos os cairos un pouco longos e algo brancos de máis.

 (...) e todo era risa e bisbaban as xentes que habería voda entre a Paquita e o Canicha e non pasaría moito tempo, e foi así, que non pasou moito. El foi cun traxe cortado e cosido por el mesmo e eu cunha saia e corpelete que me agasallou, do tipo máis fino e coas máis finas puntadas.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 30

sábado, 25 de mayo de 2019

Morte de Francisca

Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

viernes, 24 de mayo de 2019

Voda con Francisca

Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

jueves, 23 de mayo de 2019

Confirmación

Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

miércoles, 22 de mayo de 2019

Regueiro II


Cando conta con 15 anos, o 26 de abril de 1825, recibe a confirmación xunto a dous dos seus irmáns, Xosé e Antón, na igrexa de Santa Eulalia. Nestes documentos xa non hai rastro da forma feminina do seu nome.

Pastorear o gando e traballar o campo serían, sen dúbida, traballos aos que axudaría ao seu pai. Era un neno con múltiples habilidades, moi vivo e esperto, que aprendeu con facilidade a facer múltiples tarefas. Di Vicente Risco:

“con seguranza que foi xa de pequeno cando deprendeu a facer cordas e peneiras, que é traballo que s´adoita n-aquela terra, ond´os homes son cordeiros e peneireiros...”

Con 21 anos Blanco Romasanta casa o xoves 3 de marzo de 1831 con Francisca Gómez Vázquez (11/4/1808), natural de Soutelo, o pobo veciño. Sorprende que casara ese día da semana, preferíase domingo ou sábado. Tamén resulta estraño que fose durante a coresma, xa que a abstinencia penitencial incluía o sexo. Foron vivir a casa dos pais da muller.  Pouco durou o matrimonio debido a morte prematura de Francisca, o 23 de marzo de 1834. Non tiveron descendencia. Tanto o matrimonio como o enterro, e a posterior inhumación, tiveron lugar na igrexa de Santa Eulalia.

martes, 21 de mayo de 2019

Olla. Narda. Aí ven por fin

“Que tes aí gardado, Narda? E Narda que chouta. Que susto me diches, oes, noutra desa mátasme, a man mollada no peito, detendo o corazón desbocado. Que é?, repite Nela. Son os meus panos. Os teus panos? Si, velo? Ti tamén terás que usalos pronto. Para que? Para o sangue do mes, non sabes? Ven que che explique.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 22


“Olla. Narda. Aí ven por fin.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 114

lunes, 20 de mayo de 2019

Coa auga do bautismo


“Que raro, todos os irmáns e irmás tiveron os ollos pechados durante meses. Que raro que os abrise xusto coa auga do bautismo.

 E a letra tremente do cura do lugar que deixara posto que a última filla de Miguel e María fora bautizada no propio mediodía que sucedeu ao seu nacemento co nome único e simple de Manuela. Sen máis. E para que así conste, asino.

 Manuela. Xa estás aquí. E di o teu nome que significas que está Deus entre nosoutros.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 14

domingo, 19 de mayo de 2019

Niniña. Nela.


“María. María xa temos e non será cousa de chamar a todas como se chaman as vacas no prado e que veñan doce ao chamado, non é? Catalina. Ese é nome de galiña. Flor. Curto de máis, chamaranlle Floriña, que é nome de mexericas. Prudencia. Quita de aí, muller. Isolda. Quen? Hermelinda. Ou Micaela, coma ti. Boh. Anuncia? Por que? Polos sinais. Merda. Manuela. Manueliña. Niniña. Nela.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 12

sábado, 18 de mayo de 2019

Regueiro I


Manuel Blanco Romasanta nace o 18 de novembro de 1809 no pobo de Regueiro (ou Rigueiro), na parroquia de Santa Eulalia, a quilómetro e medio de Esgos, concello ao que pertence. Fillo de Miguel Blanco e María Romasanta, veciños de Regueiro, neto por liña paterna de Baltasar Blanco e Manuela Blanco, veciños de Soutelo, e pola materna de Pedro Romasanta e Josefa Blanco, de Regueiro. Cando Manuel é xulgado en Allariz, no 1852, o seu pai xa morrera; e a nai vivía cun dos seus fillos.

Foi bautizado o mesmo día do nacemento na igrexa parroquial de Santa Eulalia, no veciño pobo de Soutelo. No Libro de Bautizados desta parroquia aparece bautizado baixo o nome de “Manuela”. Máis adiante veremos se simplemente se trata dunha confusión ou existen outros motivos para este feito. Nesta parroquia aparece recollido o seu bautismo en dous Libros de Bautizados, e nos dous casos baixo o nome de “Manuela”. Aparecen repetidos os datos no inicio dun Libro novo e nas últimas follas do Libro anterior, isto era habitual cando se chegaba ás follas finais do libro. O matrimonio terá máis fillos, Manuel máis irmáns: Bernarda (24/8/1801), Xosé (18/1/1811), Antón (11/9/1819).

Partida de Bautismo. Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

viernes, 17 de mayo de 2019

Contexto (IV)


Finalmente mencionaremos dous aspectos relacionados coa economía da época: as moedas e as medidas.

Hai gran variedade de moedas: marabedís, reais, pesetas e pesos. En 1854 desaparece o marabedí. O real convértese na moeda máis usada. En 1858 a peseta pasa a ser a única moeda oficial, aínda que o pobo segue a calcular en reais e pesos. O real é a cuarta parte dunha peseta, o peso valía cinco pesetas ou vinte reais.

No 1849 implántase o sistema métrico para pesos e medidas, pero o campesiñado manterá as medidas tradicionais: o ferrado para os cereais, e a ola para o viño. Unha ola son dezaseis litros.

Despois desta concisa aproximación ao tempo no que viviu o noso protagonista, recollemos as palabras de José Domínguez para tratar de situar a Manuel Blanco Romasanta no espectro social da época:

“Realmente no era un campesino. Tampoco un burgués puro, y menos un hidalgo. Cura no era, aunque a veces se le pareciera. Para híbrido de los dos primeros, campesino y burgués, le faltaría bastante en el mejor de los casos. Sin embargo, al igual que quincalleiros, feriantes y tratantes de ganado de la época, a Romasanta se le podría encuadrar entre aquellos desertores del arado que, haciendo bueno el dicho de vale máis onza de trato que libra de traballo, optaron por un comercio tan peculiar como entonces incipiente basado, sobre todo, en el trato con sus propios paisanos.”


jueves, 16 de mayo de 2019

Contexto (III)


Nesta primeira metade do s. XIX as crises agrarias son constantes: caen os prezos dos produtos do campo, sobre todo os cereais (dende 1820 ata 1860). A falta de alimentos, especialmente entre 1843 e 47, orixina motíns populares. Realmente pásase moita fame. Iso fará que cobre máis importancia a gandería, na que non repercute a caída do prezo do gran, polo que os prados das zonas baixas de montaña cobrarán gran protagonismo.

Destaca a grave crise de 1853: “o ano da fame”, que debido a chuvia ininterrompida de finais de verán e principios de outono provocou asolagamentos e perda case total da colleita.
Moitos marchan cara outras zonas da Península. En 1853 levántase a prohibición de emigrar a Hispanoamérica, e ese sería o destino de moitos campesiños galegos.

Para agravar aínda máis a situación desesperada aparece a peste en Galicia. Peste e fame farán estragos en varias comarcas da provincia ourensá entre 1843 e 1847.

A relixiosidade busca consolar tanta traxedia.

A industria téxtil inglesa trae telas de algodón que acaba coa elaboración tradicional  e exportación de panos de liño a Castela. Panos e tecido ingleses chegan vía Portugal, converténdoos no obxecto de contrabando por excelencia. Tamén irrompe a industria téxtil catalá. Fiado e tecido mantéñense só no uso doméstico.

miércoles, 15 de mayo de 2019

Contexto (II)


En relación ás clases sociais: nobreza e alto clero, na parte alta, dominan goberno e riquezas; seguen co privilexio de rendas , dereitos e prebendas. Despois temos unha fidalguía, tipicamente galega. Os burgueses, chegados a Galicia a finais do século anterior, buscan unha posición ascendente nas categorías sociais.

Finalmente a clase social predominante: o campesiñado, cunha economía decadente, terras ocupadas, pagando “diezmos” e rendas eclesiásticas. Era analfabeto, non sabía ler nin escribir, e o seu nivel cultural era practicamente nulo. As súas relacións restrinxíanse á aldea ou pobo, visitando en todo caso pequenas vilas. O cura, e o mestre en caso de habelo, eran os seus principais referentes para combater unha ignorancia absoluta e xeneralizada.

martes, 14 de mayo de 2019

Contexto (I)


Entre os feitos históricos que inician o século XIX destaca a Guerra da Independencia (1808-1814) na que o campesiñado acabaría sumándose ao enfrontamentos contra os franceses, en parte esperando un novo sistema máis xusto, e por outro, debido aos abusos do exército francés que acabarían esixindo unha contribución á guerra, ao tempo que había que facilitarlles comida, e en moitos casos con comportamentos persoais cheos de abusos.

Despois da guerra viría a alternancia entre absolutistas e liberais, con Fernando VII (1814-1833)  na monarquía. Primeiro co Sexenio Absolutista (1814-1820), que supón un retorno ao Antigo Réxime; despois o Trienio Liberal (1820-1823), no que apenas se puido fraguar cambio algún; e finalmente a Década Ominosa (1823-1830). En 1833 sobe ao trono a Raíña Isabel II, no que permanecerá ata o ano 1868.

lunes, 13 de mayo de 2019

Risco e Romasanta


Vicente Risco foi quen rescatou a súa historia a principios do século XX, e quen iniciou o camiño para que a figura de Romasanta se divulgara amplamente chegando a súa sona ata os nosos días, onde cada vez son máis as producións artísticas e as investigacións arredor dos seus asasinatos. O 23 de febreiro de 1929 Vicente Risco le o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega baixo o título: “Un caso de lycantropía (o home-lobo)”, onde di:

“Alá pol-os anos de 1852 ô 1854, chamou moito a atención da xente, dentro e fora de Galiza, e ainda ben lonxe, a causa que lle formaron no xusgado d´Allariz a Manuel Blanco Romasanta, a quen chamaban o home do unto. Iste proceso ten canto precisa pra ferir o maxín dos homes, e garda unha semellanza chocante co-esas soadas causas por crimes estranos, que se solen dar en Francia en  todol-os tempos, mais con especialidade diante das cortes do antigo réxime. Unha causa com´a do dulceiro Miquelón, ou a da Marquesa de Brinvilliers, no tempo antigo, ou as de Jack o Estripador ou Troppman, nos modernos; e n-outras cousas, lembra tamén os procesos de feiticería. Por outra banda; o ter atraguido xa d´aquela a opinión centífica ou pseudo-centífica, dalle ainda intrés. O certo é qu´esta causa preséntanos diante unha chea de probremas referentes a todal-as ramas da cencia, e que n-ela, por onde queira apálpas-o misterio.  A xurisprudencia e a lóxica, a meiciña legal e a psiquiatría, a metapsíquica e o ocultismo, a mitoloxía e o folk-lore, teñen que ser chamados a capítulo, e marcan difrentes aspeutos pr´estudarmol-os feitos d´un home raro e misterioso qu´a xustiza condenou a morte.”

Estamos ante un asasino en serie de mediados do  século XIX no rural galego, concretamente nas proximidades das montañas ourensás da Serra de San Mamede, o seu caso chegou a ser recollido pola prensa internacional nos seus días, preocupándose polo caso xentes estranxeiras, e intercedendo por el a mesmísima raíña Isabel II. Asasino que se xustificou na licantropía e na maldición das fadas para explicar e xustificar os seus crimes, e que foi obxecto de estudos desde múltiples perspectivas do saber. Pero a súa figura foi moito máis alá do real para converterse en todo un mito que inspirou novelas, películas, relatos, libros de fotografías, etc. Acadando no 2018 o seu cénit artístico coa novela Besta do seu sangue de Enma Pedreira.

domingo, 12 de mayo de 2019

O sacaúntos

“Dende neno, o autor deste relato soubo da existencia de Manuel Blanco Romasanta, pero, como os máis dos nenos do seu contorno, nunca lle chamou o home lobo, senón o sacaúntos, ou o sacamanteigas, tamén o home do saco.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 11. No “Prólogo Necesario”.

sábado, 11 de mayo de 2019

Introdución


Manuel Blanco Romasanta foi o primeiro asasino en serie das terras de España, e o único caso de licantropía clínica documentado. Múltiples foron os nomes cos que se lle coñeceu en distintos momentos da súa vida: “alcumes antropófagos (o home do unto, sacamanteigas), licántropos (home lobo, lobishome), diminutivos (manoliño, canicha), de oficio (tendeiro)”.

En Galicia sempre se coñeceu popularmente polo nome do “home do unto”, ata hai ben pouco aínda era frecuente oír escoitar falar del a avoas que, sen coñecer exactamente a historia de Blanco Romasanta, tiñan asimilada a figura deste home para amedrentar aos nenos pequenos. No resto de España, especialmente a partir das declaracións que el fai en Verín en 1852 onde recoñece ter cometidos os crimes convertido en lobo por culpa dunha maldición, pasará a ser coñecido como “el hombre lobo”, xa que así aparecerá mencionado en xornais e revistas da época: “Causa contra el hombre lobo”. Tamén é frecuente, fóra de Galicia, escoitar referirse a el como “o home lobo de Allariz”, polo lugar onde foi xulgado, que non o do seu nacemento.

viernes, 10 de mayo de 2019

Mazurca para dos muertos

“El sacaúntos andaba con dos valencianos, don Jenaro y don Antonio, que también tiraban a lobo cuando perdían el sentido; de esto hace ya muchos años, cien o más, pero por aquí todo el mundo lo sabe. El sacaúntos mató a trece bocados, nueve mujeres y cuatro hombres. Una noche en que la luna lo echó a lobo mató a Manueliña García, mujer con la que tenía un hijo, Rosendiño, al que también mató. A Manueliña la llevaba a Santander, que queda muy distante, en la mar de Castilla, donde iba a ponerla a servir en casa de un sacerdote, pero en el lugar que dicen Malladavella, en el bosque de la Redondela, le dio el pronto y los mató a los dos, también los medio devoró. Después estuvo tranquilo algún tiempo, tranquilo y distraído, hasta que se le volvió a borrar la luz y mató a Benitiña García, que era hermana de Manueliña, y a su hijo Farruquiño, que aún mamaba y tenía sabor a pescado, a éstos los mató en Corgo de Boy, que queda más allá de las Arrúas, antes de llegar a Transirelos. El sacaúntos no era muy grande, era más bien pequeño y además tenía los dientes podres. El sacaúntos hizo más muertos, Xosefa García era hermana de Manueliña y de Benitiña, aquella sangre se conoce que le tiraba, y murió en el camino de Correchouso. Y su hijo Xosesiño. Y Toniña Rúa y sus dos hijas Peregrina y Marica, que murieron en Rebordechao, a Toniña la quiso mucho el sacaúntos, estaba muy enamorado de ella y le enseñaba las partes cuando se cruzaban por el monte. También mató a otros cuatro: Xila Millarados, que pastaba puercos en Chaguazoso; Chucha Lombao Celmán, a la que atacó según se llega a As de Xarxes; Fuco Naveaus, un mozo que andaba a pájaros por Prado Alvar, y Benitoña Cardoeiros, una vieja que ya no valía para nada.”

 Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Págs. 73-74.

jueves, 9 de mayo de 2019

Romasanta

Foto dunha miniatura no pobo de Soutelo (Esgos). 

O  traballo toma como fontes principais os seguintes libros:

·         Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

·         Mariño Ferro, Xosé Ramón. Manuel/a Branco Romasanta, o lobishome asasino. Ed. Nigratrea, Vigo-2007. Páxs. 197.

·         Domínguez, José e Blanco, Lino. O home do unto. Blanco Romasanta. Historia real de una leyenda. Deputación de Ourense. 1991.

miércoles, 8 de mayo de 2019

Ciudad del paraíso

A mi ciudad de Málaga
Siempre te ven mis ojos, ciudad de mis días marinos.
Colgada del imponente monte, apenas detenida
en tu vertical caída a las ondas azules,
pareces reinar bajo el cielo, sobre las aguas,
intermedia en los aires, como si una mano dichosa
te hubiera retenido, un momento de gloria,
antes de hundirte para siempre en las olas amantes.

Pero tú duras, nunca desciendes, y el mar suspira
o brama, por ti, ciudad de mis días alegres,
ciudad madre y blanquísima donde viví, y recuerdo,
angélica ciudad que, más alta que el mar, presides sus espumas.

martes, 7 de mayo de 2019

Refranes (14)

"Viño d´o Pereiro, mexadeiro; San Salvador, algo millor; Tibiás, pra po-las mañás; Castadón, sí ou non; Lamela, purrela; Cachamuiña, purreliña; Ceboliño, nin auga nin viño."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 346

lunes, 6 de mayo de 2019

Refranes (13)

" "Val que ten" as campanas de Toen. "

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 346

domingo, 5 de mayo de 2019

Refranes (12)

Tóquenll´as caroucoeiras  a quen diga Moreiras."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 345

sábado, 4 de mayo de 2019

Refranes (11)

"Son de Seixalbiño, déame un ochaviño; son de Seixalbo, ¿quer vosté algo?"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 345

viernes, 3 de mayo de 2019

Mayos (3)

"Hoy tres de mayo
es día de primor,
cando ó pregoeiro
lle diron o tambor.

Si lle diron o tambor,
deixarll`o ir dando,
que si ll`o dan
e pra botar o bando.

Eu pidinll`o Mayo
o Teniente Coronel,
no`me tivo que dar
mais qu`as chaves d`o cuartel.

Las tres dulcerías
que hay en la Plaza Mayor,
meten los dulces
dentro de un cajón.

La mujer de los pajaritos
que hay en la Plaza Mayor,
quería engañar 
al sobrino de un señor.

La lotería que está
en la calle da la Paz,
quería engañarme
porque soy un rapaz."

(Nota: El día 3 de mayo del año que corre, se cantaban estos versos alrededor de uno de los varios Mayos que recorrían la población por la mañana. Hemos suprimido unas cuantas estrofas por poco decentes.)

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 201-202

jueves, 2 de mayo de 2019

Mayos (2)

"Véde-lo Mayo, véde-lo ben,
si non-o vistes, ve-lo ehí ven.
O gato y-o rato fóronse pelexar,
detrás de Mont´Alegre houberonse matar.
Aunque soy Mayo, también traigo dientes,
a mis compañeros los trato de valientes.
Aunque soy mayo, también traigo flores,
a mis compañeros los trato de señores."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 201

miércoles, 1 de mayo de 2019

Mayos (1)

"Ehí che ven o mayo
cargadiño de trovisco,
ahí che ven o mayo
por detrás de San Francisco.
Entra, Mayo de crego,
e non revolvas o tempo."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 201