domingo, 3 de septiembre de 2017

A chuvia esgarabellaba

"Sentía unha calor turxente que lle encendía o rostro. A frente empezáballe a doer polo lugar onde a man soportara todo o peso dunha tensa cavilación que duraba xa desde había un par de horas. Unha incomodidade areosa obrigábao a manter os ollos a medio abrir. A escuridade de fóra era absoluta. A chuvia esgarabellaba nos cristales da fiestra e un vento tolo e desatado andaba a poñer medo polas rúas. De cando en vez, un lóstrego abría o ceo durante uns segundos e quedaba logo no aire unha expectación azulada que reventaba en trebón contra os montes. Iba frío."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 105.

No hay comentarios:

Publicar un comentario