viernes, 15 de septiembre de 2017

Cos pés espidos

"Animado, colleu a novela de Stevenson e, a cachos, volvendo ás veces sobre o lido, conseguíu pasar algunhas páxinas.  Interrumpíuno un balbor de rezos e de cantos que subían desde a rúa. Asomouse á ventá e víu unha procesión en doble fila, homes e mulleres marchando cos pés espidos e con velas encendidas nas mans. Ao frente iba Sor Sabina, desmaiada e sostida en brazos por duas monxas. (...) A continuación, nenos e nenas das escolas da cidade e unha riada de xente entonando cantos de penitencia e perdón."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 125.

No hay comentarios:

Publicar un comentario