"Atravesaron a modo por diante de Palacio, moitos deles virando os ollos curiosos cara o balcón principal. Foi entón cando Ilustrísima volveu sentir que se lle doblaban as pernas. Agarrouse á cortina para non caer e aguantou así un par de minutos, hasta que se puido achegar ao sillón. Unha door punzante como un coitelo afiado atravesáballe o peito de parte a parte. Chamou pedindo axuda varias veces, pero a sua voz bateu contra as paredes do salón, baixou retumbando polas escaleiras e perdeuse entre os cantos da rúa. De súpeto o mundo empezou a ser sóio ruido, unha descomunal caracola adormecéndolle o cerebro."
No hay comentarios:
Publicar un comentario