"Ítem máis contou o referido que lle constaba o feito de que o home que vive na Rúa de Peligros estedera tamén alarmas e rumores cando a Folga Xeral Revolucionaria de novembro do ano pasado, que concretamente se presentara nun negocio veciño do que posúe o infraescrito dicindo que había xente do sindicato disposta a lles prender lume ós bens daqueles que non secundasen, especialmente un operario portugués moi encirrado que xa na revolución do trinta e catro queimara unha igrexa para a parte de Vilanova, co cura dentro e sete mulleres..."
Carlos Casares, Os mortos daquel verán, ed. Galaxia, 1ª edición, Vigo, 1987, páxs. 12-13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario