"dixera na súa presencia que ata Sober chegaran noticias de que no inverno pasado, e tapado co pretexto da cazata, andara don Andrés Fuentes Iglesias levantando escopetas pola zona, que mesmo na aleda veciña das Casoupas da Veiga conseguira ó Herminio Varela Vallejo, o mellor tirador da provincia, vintecatro cartuchos para vintedúas perdices, ó que convencera de que se viña a guerra se presentase na Fábrica; e que o pasado día dezanove pola noite vira el ó tal Herminio alandillando polas sebes de Parada cara á vila, coa Sarasqueta calzada ao lombo e munición para acabar con douscentos homes polo menos."
Carlos Casares, Os mortos daquel verán, ed. Galaxia, 1ª edición, Vigo, 1987, páxs. 22.
No hay comentarios:
Publicar un comentario