martes, 1 de noviembre de 2016

Dous vagalumes

"Deixamos a Félix Rodríguez de la Fuente buscando aniñadas de aguia, e baixamos á rua en busca do catro latas de Noguerol. A parte de atrás cheiraba a adega, era onde carretaba os moios de viño de Zamora. Mal que ben, fungando e tusindo, a furgoneta subiunos ata Calvos. Cando apartamos cara a Santa Mariña, tentando estiven de apearme e alumear co chisqueiro. Os faros do catro latas non brillaban máis que dous vagalumes. Había luar e estrelas, pero a estrada corría pola aba da Serra da Boa, que espesaba as sombras.

  En Armeá atopamos unha soa casa coa luz acesas. A única que dispoñía de televisión. (...)

  Oira campás sobre a lenda do martirio, sabía que se trataba do Forno da Santa, e que un prefecto romano enfornara a Mariña, unha pastora de quince anos, por mandalo a paseo en lugar de concederlle os seus favores. (...)

  Alcanceino case á altura do Forno. Volveuse e tiroume a súa arma de rebolo. (...) De todos modos o soldado non se acazapaba alí. Nunha das paredes abríase a boca dunha especie de cripta."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.154-157

No hay comentarios:

Publicar un comentario