"-Da música ye-ye non sei unha palabra. Casualmente veño a consultalo como experto na materia. Estamos investigando o caso da rapariga que apareceu morta na Barbaña. Disque seguía moito a radio. Dixérono as amigas. Escoito, ás veces, programas nos que a xente nova se cartea con vostede e lle adica cantigas ós amigos. Gustaríame ver esa correspondencia... (...)
-Calma. Efectivamente, levo eu a maior parte dos programas dirixidos á mocedade. Se soubese o que busca exactamente...
-Cartas co enderezo de Jesús Soria.
-A maioría dos que escriben ocúltase tras un pseudónimo e non pon remitente. A correspondencia das últimas semanas está nestes caixóns. Pode remexer a gusto."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.164-165
No hay comentarios:
Publicar un comentario