lunes, 14 de noviembre de 2016

HPP: 1891-1894



OURENSE: 1891-1894

-Recén casados volven a Ourense, para instalarse na casa familiar na que residiron ata finais do ano 1894.

-Heraclio Pérez Placer exerceu a profesión de médico nunha consulta que instalou na rúa Olmo, nº3.

-Intensa actividade xornalística e literaria.

-1891: publica o seu primeiro volume de relatos en galego, Contos, leendas e tradiciós.


-1892, setembro: importante polémica dende os xornais El Derecho e El Diario de Orense contra Lamas
 Carvajal, e o seu El Eco de Orense.

-1893, novembro: nova polémica xornalística que rompe definitivamente as relacións entre Pérez Placer e Lamas Carvajal, quen lle dera a súa primeira oportunidade xornalística dende O Tío Marcos da Portela.

-1894: Morre a súa irmá Matilde.

-1894: publica un volume de versos en castelán titulado Guindillas, así como a peza teatral, tamén en 
castelán, Irrepresentable.

-1894: funda xunto ao seu amigo Álvarez de Nóvoa a “Biblioteca Verde y Rosa”, unha iniciativa que dará
 lugar a catro títulos, un de Álvarez de Nóvoa (Recuerdo-1895) e tres de Pérez Placer: A vendimia-1895, 
Verde y rosa, cuentos cortos-1903 e Narraciones compostelanas-1904.


“La correspondencia de España”, nº 12628, 2 de noviembre de 1892, Madrid.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario