SANTIAGO: 1890-1891
-O curso académico 1890-91, Heraclio Pérez Placer realízao
novamente na Facultade desta cidade, onde obtivo a licenciatura o 23 de xuño de
1891.
-Comeza a colaborar no xornal
santiagués Gaceta de Galicia, onde
publica no suplemento literario “La quincena literaria” algúns poemas e relatos
en castelán asinados ben co seu nome ben co seudónimo Blanca de Valdomir ou
Baldomir que empregará tamén noutras publicacións. Neste mesmo xornal parece
ser que dirixiu ó redor de 1899 un novo suplemento co nome “La semana
literaria”.
Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa
de Compostela: Num. 138 (17/06/1899)
-1891: Casa con Carmen Pico
Ferreira o 4 de outubro, unha vez rematada a carreira, na igrexa de San
Martiño, parroquia de San Juan Apóstol. Pertencente a unha adiñeirada familia
compostelá e cunha excelente posición social; deberon coñecerse nos anos de
estudante do escritor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario